BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//HI_MOV - ECPv6.18.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:HI_MOV
X-ORIGINAL-URL:https://himov.eu
X-WR-CALDESC:Eventos para HI_MOV
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241115T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241115T150000
DTSTAMP:20250227T133126Z
CREATED:20241030T092416Z
LAST-MODIFIED:20250227T133126Z
UID:3428-1731666600-1731682800@himov.eu
SUMMARY:1ª Xornada de Difusión do Proxecto HI_MOV
DESCRIPTION:A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP\, AECT) organiza o próximo 15 de novembro unha xornada de difusión dos primeiros resultados do proxecto POCTEP “HI_MOV Corredor Tecnolóxico Transfronteirizo de Mobilidade con Hidróxeno Renovable”. Este evento\, que se celebrará en Vigo\, permitirá coñecer os avances realizados polo consorcio na articulación dun ecosistema transfronteirizo que impulse en Galicia e o Norte de Portugal unha cadea de valor en torno ao hidróxeno. Tamén se presentarán parte das actividades técnicas que se están desenvolvendo no marco deste proxecto\, que busca contribuír a unha mobilidade sostible baseada en fontes renovables aproveitando os recursos e o know-how existente na Eurorrexión. \nO proxecto HI_MOV está a ser desenvolvido por dez socios: aos coordinadores\, CTAG\, súmanse outros tres centros tecnolóxicos (ENERGYLAB\, PIEP e CEiiA) as universidades de Minho\, Porto e Santiago de Compostela\, a GNP\, AECT\, a empresa Petrotec\, e o INEGA. O orzamento total para os tres anos de proxecto ascende a 2 175 000 euros. HI_MOV está cofinanciado  pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. \nPrimeiros resultados do proxecto \nA xornada será inaugurada polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia\, Pablo Fernández\, e contará coa participación de investigadores e expertos das diferentes entidades socias deste proxecto. Así\, presentaranse o Boletín de Vixilancia Tecnolóxica creado no marco do HI_MOV e as actividades vinculadas coa comunicación\, así coma o calendario dos diferentes cursos sobre tecnoloxías do hidróxeno que se impartirán o próximo ano. Tamén\, avanzarase un dos documentos elaborados no marco desde proxecto: un estudo no que se revisa o estado da arte\, iniciativas\, infraestruturas e escenarios de mobilidade na Eurorrexión no ámbito do hidróxeno renovable. Por último\, daranse a coñecer os avances en materia do desenvolvemento dun depósito de presión para o almacenamento de hidróxeno. \nEsta xornada está aberta á participación do público\, previa inscrición no enlace: https://t.ly/FA09M \nUn proxecto para fortalecer a cadea de valor do hidróxeno renovable na Eurorrexión \nNo marco do HI_MOV\, durante 36 meses analizaranse as potencialidades do hidróxeno renovable como vector de mobilidade no eixo Galicia-Norte de Portugal\, mellorarase a capacitación e o posicionamento tecnolóxico das entidades da Eurorrexión na industria emerxente ao redor do hidróxeno\, desenvolveranse conxuntamente solucións tecnolóxicas e demostrarase a viabilidade do seu uso no espazo transfronteirizo mediante probas piloto.
URL:https://himov.eu/actividades/1a-jornada-de-difusion-de-proyecto-hi_mov/
LOCATION:CETMAR\, Rúa de Eduardo Cabello\, s/n\, Vigo\, Pontevedra\, 36208\, Spain
CATEGORIES:Presencial
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://himov.eu/wp-content/uploads/2024/10/STDGAL.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR